A exposición do 27º certame Galicia en Foco. O Fotoxornalismo Galego poderá visitarse en Fene ata o 29 de novembro

A exposición do 27º certame Galicia en Foco. O Fotoxornalismo Galego poderá visitarse en Fene ata o 29 de novembro

O alcalde, Gumersindo Galego, xunto á presidenta do Club de Prensa, Julia Díaz, presidiron onte á tarde o acto de inauguración da mostra

O público poderá visitar no salón de plenos da Casa da Concello de Fene a exposición do 27º certame de fotografía "Galicia en Foco. O Fotoxornalismo Galego", que convoca o Club de Prensa de Ferrol. Onte á tarde o alcalde, Gumersindo Galego, presidía o acto de inauguración, xunto á presidenta do Club de Prensa, Julia Díaz; a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e o directivo Xoán Rubia. Así as cousas, a mostra permanecerá en Fene ata o 29 de novembro, en horario de luns a venres, de 10 a 14,30 horas.


Galicia en Foco naceu en Ferrol en 1989. É unha traxectoria marcada polo traballo dos profesionais do fotoxornalismo galego e o primeiro movemento fotográfico que se realiza desde Ferrol para toda a Comunidade Autónoma, tendente a reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia, avalada en toda a súa dimensión pola numerosa participación de reporteiros que estes anos acudiron á convocatoria (máis de 250 profesionais e 800 participacións).


A mostra fotográfica serve de recopilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, recollido nas súas diversas facetas nos medios de comunicación pero tamén para espertar o interese do público pola obra dos nosos realizadores gráficos, que se coñezan os seus nomes, a súa profesionalización e a súa identificación coa Galicia contemporánea que eles mesmos documentan.


O xurado desta 27º edición estivo formado por Anna Turbau, fotoperiodista catalana; Pepe Tejero, xefe de fotografía de El Progreso, e Julia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa de Ferrol. A imaxe gañadora, titulada "Bágoas que non apagan lumes", é obra de Javier Cervera.


Así mesmo, participaron na edición de 2017 os fotógrafos: Javier Cervera (premio Foto do Ano), Javier Arcenillas (Mención de Honra), Pedro E. Agrelo Trigo, Rober Amado, Óscar Corral, Moncho Fuentes, Antonio Hernández, Javier Lalín, Miguel Ángel López Rodríguez, Marcos Míguez, Martina Miser, José Pardo, Francisco Puñal Suárez, Xabier Quintana, Xoan A. Soler, Delmi Álvarez, José Mª Álvez, Javier Arcenillas, Felipe Carnotto, Rocío Cibes, Kiko Delgado, Carlos G. Hervella, Amador Lorenzo, Ángel Manso e Jorge Meis.