Arrancan as sesións do Proxecto INDIRA

Arrancan as sesións do Proxecto INDIRA

Celebraranse todos os luns de 10 a 12 horas ata o mes de marzo e aínda quedan algunhas prazas libres, polo que a inscrición continúa aberta

O programa, que impulsa a Concellería de Igualdade que dirixe Juana Barro, busca crear un grupo de apoio emocional para mulleres

Nun ambiente cheo de expectativas e inquedanzas, inaugurábase onte en Fene a terceira edición do Proxecto INDIRA, un espazo feminino de encontro e crecemento persoal. Unha primeira sesión á que asistiron 9 das 16 mulleres inscritas e que contou coa presenza da concelleira de Igualdade, Juana Barro, e da psicóloga municipal e coordinadora do proxecto, Eva Sagayo.


Aínda quedan algunhas prazas por cubrir, polo que dende o Concello se anima ás mulleres de Fene e bisbarra a participar e formar parte deste proxecto que se desenvolverá durante os meses de novembro a marzo, todos os luns en horario de 10 h a 12 h no Centro Municipal de Servizos Sociais. As inscricións deben facerse nestas instalacións, de forma presencial na Avenida do Mar, Bloque 1, baixo San Valentín, nos tlfs. 981 34 26 07 e 981 79 27 06 ou a través do correo smam@fene.gal


Esta actividade está cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020. Con el, preténdese facilitar un espazo para mulleres a través de encontros semanais, nos que abordar diferentes temas e actividades relacionados co desenvolvemento persoal e saúde en todas as súas dimensións.