O Concello de Fene convoca as subvencións ás familias para a adquisición dos agasallos de Reis

O Concello de Fene convoca as subvencións ás familias para a adquisición dos agasallos de Reis

Establece 50 axudas por importe de 70 euros para cada beneficiari@ A solicitude debe presentarse a partir de hoxe

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello vén de convocar as subvencións dirixidas ás familias para a adquisición de agasallos para a festividade de Reis. Destina a esta iniciativa 3.500 euros, en 50 subvencións para outros tantos nenos e nenas por importe de 70 euros para cada beneficiari@. A publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do 12 de novembro establece a apertura do prazo de presentación de solicitudes no día de hoxe, e por un prazo de 10 días naturais.


Van dirixidas ás familias con nenos e nenas nados/as a partir do 1 de xaneiro de 2005, ou maiores desta idade e nados/as a partir do 1 de xaneiro de 2001 sempre que teñan o recoñecemento oficial de minusvalía ou grao de discapacidade.


Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para a festividade de Reis, como xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros obsequios (mochilas, mochilas deportivas, etc.) que correspondan coa idade do/a menor a quen vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos no período comprendido entre o día de apertura da presente convocatoria e o día 6 de xaneiro de 2020.


Con carácter xeral poderase xustificar a subvención con gasto relativo á adquisición de roupa, calzado ou material deportivo (roupa deportiva, calzado deportivo, botas, etc.) sempre que o importe total do gasto realizado non supere o 75% da axuda concedida e con outras limitacións supeditadas á concesión doutras liñas de axudas.

Ligazóns