O Concello leva aos centros educativos actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

O Concello leva aos centros educativos actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

As sesións de contacontos-obradoiro arrancarán este luns, Día Internacional pola Eliminación da Violencia cara a Muller, e están dirixidas a nen@s de 3 a 9 anos

A Concellería de Igualdade que dirixe Juana Barro inaugurará este luns 25 de Novembro, "Día Internacional pola Eliminación da Violencia cara á Muller", unhas sesións de contacontos-obradoiro para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria (nenas e nenas de 3 a 9 anos).


"As Cores" é o nome do conto co que se pretende traballar de xeito dinámico temas tan importantes como a igualdade, a inclusión, o traballo en equipo, as emocións... transmitindo valores sempre a través do lúdico. Queda moito que traballar en tema de igualdade e de sensibilización, por exemplo, coa aprendizaxe da lingua de signos ou o respecto polos tempos e as necesidades de cada persoa e este contacontos foi creado precisamente para sensibilizar diso dende as primeiras idades.


Así, este luns 25 de novembro, o programa celebrarase no CEIP Plurilingüe Os Casais, cunha sesión conxunta para todo o alumnado a partir das 10 horas e na escola unitaria de Sillobre, a partir das 12 horas. Retomarase no CEIP Plurilingüe Centieiras o luns 2 de decembro, con dúas sesións (de 10 a 10,45 e de 11,15 a 12 h). Ao día seguinte, martes 3 de decembro, desenvolverase no CPI A Xunqueira tamén con dúas sesións de 10 a 10,45 e de 11,15 a 12 h. O luns 9 de decembro será o turno do CEIP Plurilingüe O Ramo e, o martes 10, do colexio Jorge Juan.


"As Cores” é un contaconto cunha primeira parte de dinámicas grupais traballando varios conceptos no que se fai especial fincapé na igualdade e no que tamén se introduce a lingua de signos, rematando cun obradoiro final de elaboración dun mural colectivo. Lidia Pena será a encargada de dar vida a esta fantástica historia chea de fantasía, respecto e igualdade.

Ligazóns