25 novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia Machista

25 novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia Machista

Moción conxunta 25 novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia Machista

No que levamos de 2019, foron asasinadas 66 mulleres e 3 menores, e aínda hai máis asasinatos de mulleres en investigación. Os asasinatos conforman a máxima representación das formas de terrorismo machista que continúan sometendo ás mulleres en todos os ámbitos da súa vida, e que representan unha grave e sistemática vulneración dos dereitos humanos de máis da metade da poboación á nosa sociedade. Estas violencias teñen a súa orixe e núcleo na pervivencia dun sistema heteropatriarcal, presente en todas as estruturas da sociedade, que tolera a desigualdade e resto credibilidade e autoridade ás mulleres, mentres cosifica o seu corpo e consolida pautas culturais que transmiten e reproducen comportamentos discriminatorios e sexistas.


O 17 de decembro de 1999, a través da resolución 54/134, A Asemblea Xeral da ONU declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Unha data que debe servir, non só para a reflexión por parte de toda a sociedade, senón tamén para a renovación dos esforzos por parte de todas as institucións políticas e sociais, por loitar contra esta secuela.


Ano tras ano vimos denunciando as dramáticas consecuencias da violencia de xénero, froito das desigualdades sociais que sitúan as mulleres nunha situación de vulnerabilidade por sufrir múltiples agresións, e que, a pesar destas reiteradas declaracións, lonxe de minguar, vai aumentando con cifras a que necesitan moito máis que unha reflexión puntual e unha adhesión nominal cando se achega esta data.


É preciso recoñecer a importancia e gravidade das violacións e agresións sexuais na nosa sociedade e a insuficiencia nos recursos de intervención e atención. Segundo datos do propio Consello Xeral do Poder Xudicial hai un 80% de feitos delitivos que non se denuncian. Malia isto, as denuncias teñen experimentado un incremento das agresións e as persoas expertas da cadea xudicial e de atención alertan ademais dun incremento na súa brutalidade.


Así mesmo, a Fiscalía Xeral do Estado ten alertado nas súas recentes edicións da Memoria Anual sobre o aumento da violencia e os delitos de natureza sexual entre as persoas máis novas e relacíonao directamente coa preeminencia da pornografía nas redes sociais e como forma de educación e socialización sexual.
Debemos aproveitar unha vez mais, para incidir na responsabilidade de todos e todas, pero sobre todo das Administracións Públicas, na urxencia de utilizar todos os recursos para erradicar esta agresión cara os dereitos fundamentais das mulleres


Debemos destacar que son as Administracións Locais, as que teñen a importante labor, dada a súa proximidade ao cidadán, de detectar posibles casos de violencia, así como de aplicar en todas as súas actuacións cotiás medidas que impliquen prevención e sensibilización en todos os seus cidadáns, creando unha conciencia a toda a cidadanía de tolerancia cero cara a violencia machista, tentado que esta violencia aflore da contorna íntima e familiar, a luz pública para a súa visualización. Para esta labor as Corporacións Locais deben contar cunhas competencias definidas.
O Concello de Fene dec

lara a súa firme vontade de seguir avanzando na erradicación da trata de seres humanos, un delito que produce devastadoras consecuencias nas persoas que son captadas e utilizadas como simple mercadoría.


Así o esixe a sociedade no seu conxunto xa que, nesta materia, só se conseguen avances se hai un compromiso de todos os sectores políticos e sociais para poñer na axenda, como un asunto prioritario, a loita contra todas as formas de violencia cara as mulleres, conscientes de que se trata dunha cuestión que nos afecta como sociedade e como país e da que depende o futuro da nosa convivencia.
É unha tarefa que require unha actuación unitaria de todas as forzas políticas e da cidadanía, polo que é necesario seguir traballando na senda da máxima coordinación, colaboración e cooperación entre todos e todas e seguir concienciando á sociedade da necesidade de rematar con esta lacra para entre todos erradicar completamente a violencia de xénero.


Por todo o anterior os catro grupos municipais de Concello de Fene procedemos a
Instar o GOBERNO DO ESTADO a:

PRIMEIRO.- A dotar suficientemente as partidas orzamentarias, especialmente os recursos destinados á prevención e á asistencia social das vítimas de violencia de xénero dependentes tanto das comunidades autónomas como dos concellos. Ademais, pídeselle crear un fondo de apoio aos concellos para impulsar o papel que deben seguir desempeñando os servizos sociais municipais e os centros da muller no desenvolvemento e o cumprimento da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.


SEGUNDO.- A poñer en marcha:
 A acompañamento xudicial personalizado para facer accesible ás mulleres vítimas de violencia de xénero a información sobre o itinerario e procedemento máis seguro no seu percorrido nos tribunais;
A establecer protocolos de intervención específicos para a atención integral ás mulleres que retiraron a denuncia por violencia de xénero; a activar de forma permanente o Plan Nacional de Sensibilización e Prevención da Violencia de Xénero;


A incorporar ao currículo a formación específica en igualdade, educación afectivo-sexual e prevención da violencia de xénero en todas as etapas educativas;
A poñer en marcha un plan integral para previr, protexer e reparar o dano a menores vítimas de violencia de xénero;


A estipular a obrigatoriedade de que tanto os xuíces como os avogados, forenses e equipos psicosociais que interveñan nos xulgados especializados de violencia de xénero teñan formación específica na materia impartida por unha institución acreditada;


A ampliar as disposicións preventivas, procesuais, punitivas e protectoras da lei de 2004 para abarcar, coas adaptacións necesarias, todas as formas de violencia contra a muller.


TERCEIRO.- Modificar a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia, para incluír que son tamén formas de violencia contras as mulleres, conforme ao Convenio de Istambul, a violencia física, psicolóxica e sexual, incluída a violación; dando así cumprimento á medida 104 do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero.


CUARTO.- Impulsar a aprobación dunha Lei orgánica de loita integral e multidisciplinar contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, que estableza mecanismos adecuados para a prevención, reforce a persecución de oficio do delito, promova a eliminación de publicidade de contido sexual e poña en marcha servizos e programas de protección social e recuperación integral das vítimas, dando así cumprimento á medida 257 do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero


QUINTO.- Modificar a definición estatal de violencia de xénero de acordo co Convenio de Istambul de forma que a violencia sexual sexa recoñecida como tal, como xa fixo a lei galega no ano 2007.


SEXTO.- Derrogación da LOMCE por patriarcal e regresiva e implantación de contidos de educación afectiva-sexual en todas as etapas do currículo educativo como paso fundamental para superar o papel da pornografía como fonte de información para a mocidade. Asimesmo estudiar a influencia do acceso ao porno entre as xeracións mais novas sobre todo no referido a tipoloxía de agresións e fomentar campañas de sensibilización sobre todas as formas de acoso a través das redes sociais e tecnoloxías.


Instar á XUNTA DE GALICIA:


PRIMEIRO.- A mellora da atención e prevención da violencia machista e, particularmente, da violencia sexual, adoptando as seguintes medidas:
a) Garantir a gratuidade da atención xurídica ás vítimas de violencia sexual por ser vítimas de violencia machista e impulsar unha campaña específica para informar da existencia deste recurso.


b) Promover un programa específico de formación en materia de violencia sexual para todos os ámbitos profesionais que traballan na prevención e atención da violencia machista (ámbitos sanitarios, policiais, administrativos e xurídicos, educativos, administración local...).


c) Constituír unha mesa de traballo na que se avalíe, xunto cunha representación do ámbito xudicial, policial e forense, a casuística das denuncias en Galicia por agresión sexual, de cara a analizar posíbeis fallos na cadea de atendemento e intervir no seu baixo número.


d) Desenvolver un protocolo específico de atención á violencia sexual, con especial atención ao ámbito xudicial.


e) Impulsar iniciativas no campo da prevención e sensibilización da mocidade, a comezar pola extensión, antes do remate de 2020, a todos os centros de educación secundaria do país de obradoiros específicos sobre o consentimento co obxectivo de contribuír a superar a a preeminencia da pornografía como referente formativo na mocidade galega; así como desenvolver as actuacións necesarias para incorporar contidos coeducativos transversais de superación da dominación sexual en todas as fases educativas.


SEGUNDO.-Elaborar o primeiro Plan Estratéxico de Galicia contra a trata con fins de explotación sexual.


Instar ao CONCELLO DE FENE a que adopte os seguintes


ACORDOS:


PRIMEIRO.- Manifestar co motivo do próximo 25 de novembro, Dia Internacional para á Eliminación da Violencia contra á Muller, a nosa máis enerxéticas repulsa ante as situacións de malos tratos e violencia machista que veñen padecendo as mulleres, ademais de expresar a nosa solidariedade cas vítimas e as súas familias. Debéndose dotar dos recursos orzamentarios necesarios para resolver este grave e urxente problema.


SEGUNDO.- Exixir do resto de administracións unha implicación coordinada, aportando os medios necesarios, dotando economicamente o orzamento da Lei Integral contra a Violencia de Xénero, para garantir a atención xurídica , psicoloxía e social, en definitiva a protección efectiva das mulleres, tal e como se recolle na Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero

TERCEIRO.- Apoio incondicional á comunidade educativa, para que se estableza os mecanismos tanto para a detención precoz como para ensinar dende a escola a construír unha igualdade mediante o respecto mutuo e a non violencia

CUARTO.- Deseño dun plan de accións específicos para a prevención e a erradicación da violencia de xénero na adolescencia con valores de coeducación, cooperación e respecto.

QUINTO.- Constituír unha mesa de traballo na que se avalíe, xunto cunha representación do ámbito xudicial, policial e forense, a casuística das denuncias en Galicia por agresión sexual, de cara a analizar posíbeis fallos na cadea de atendemento e intervir no seu baixo número.

SEXTO.- Promover un programa específico de formación en materia de violencia sexual para todos os ámbitos profesionais que traballan na prevención e atención da violencia machista (ámbitos sanitarios, policiais, administrativos e xurídicos, educativos, administración local...).

SEPTIMO.- Reclamar que os Concello manteñan as súas competencias na loita contra a violencia de xénero, dotándoos de recursos económicos mediante unha financiación local suficiente e xusta.

OCTAVO.- Elaborar ordenanzas municipais para acabar coa tolerancia e permisividade cara á publicidade de servizos sexuais que facilitan actuacións delituosas, dando así cumprimento á medida 77 do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero

NOVENO.- Realizar unha campaña de sensibilización social contra a trata con fins de explotación sexual e de fomentar na sociedade o coñecemento das ferramentas contra a violencia machista(CIM,016,...)coa finalidade de seguir concienciando á sociedade na loita contra esta lacra e así tamén asesorar diante de agresións sexuais a víctimas e terceir@s.

DÉCIMO.- Asumir o compromiso persoal e como concello de TOLERANCIA CERO con calquera actitude tendente a frivolizar ou minimizar a violencia de xénero e as suas consecuencia utilizando para elo os instrumentos que esta Corporación Local e cada un de nos ten o seu alcance, para erradicar na súa totalidade a violencia dirixida cara as mulleres.

PORTAVOZ GM PP PORTAVOZ GM BNG PORTAVOZ GM PSOE PORTAVOZ GM EU