O Concello convida a nenas e nenos a participar como paxes reais na Cabalgata

O Concello convida a nenas e nenos a participar como paxes reais na Cabalgata

Aberto o prazo de inscrición no Rexistro Xeral para nenos/as de 6 a 12 anos

Fene recibirá ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente o vindeiro 5 de xaneiro e, coa vista posta nesta data, a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, convida ás nenas e nenos a tomar parte na Cabalgata como paxes reais. Para iso, é preciso anotarse no Rexistro Xeral, entregando a ficha de inscrición –disponible aquí-. É requisito ter entre 6 e 12 anos cumpridos e o aforo está limitado, cubríndose por orde de solicitude. O prazo pecharase o 27 de decembro.


A Cabalgata partirá ás 17,30 horas de Perlío –fronte a Aguilar- para percorrer a Avenida Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida de Naturais rematando na Praza do Concello onde se lles dará a benvida aos Reis.


Así mesmo, a organización contactará o luns día 30 de decembro coa familia (vía telefónica e correo electrónico) para indicarlles a carroza correspondente e comunicarlle indicacións.

Ligazóns