O Concello abre a inscrición no contacontos musical Musicreques

O Concello abre a inscrición no contacontos musical Musicreques

Dirixido a un público infantil de entre 3 e 11 anos, a función celebrarase o mércores 18 na Biblioteca e as prazas están limitadas a 25

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá a apertura do prazo de inscrición no contacontos musical Musicreques. Dirixido a un público infantil de entre 3 e 11 anos, celebrarase na Biblioteca Pública Municipal Xosemaría Pérez Parallé ás 18 horas. A participación é gratuíta, previa inscrición presencial ou no tlf 981 34 23 02, do xoves 12 ao martes 17 de decembro, de 16 a 20,30 horas e o sábado 14 de decembro de 10 a 13 horas. O aforo está limitado a 25 participantes.


Contos, escritos por Loreto Pérez e ilustrados por Alma Cendán... divertidos, outros de medo, de aventuras, de temática ecoloxista ou para traballar a solidariedade. Todos eles co obxectivo de entreter, divertir, soñar, educar e reflexionar. Contados por unha única narradora, o espectáculo acompáñase de efectos musicais, cancións, manipulación de obxectos, ilustración e rimas, para facer dos contos algo no que os rapaces e rapazas poidan participar activamente