O Concello abre a inscrición nun obradoiro de fotografía co móbil para av@s e net@s
16-12-2019
Será impartido por Malena Carballo, con prazas limitadas
A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, informou esta mañá que o Concello vén de abrir o prazo de inscrición nun obradoiro de fotografía co móbil para avós/as e netos/as a partir de 6 anos. Estará impartido por Malena Carballo e celebrarase o xoves 26 de decembro na sala de exposicións da Casa da Cultura, de 11 a 13 horas. Gratuíto, pero con inscrición previa –ata o 23 de decembro- no Museo do Humor, presencial ou no teléfono 981 34 24 00 –en horario de mañá.
Unha iniciativa que, como explicou Rocío Bértoa, vai dirixida a aqueles netos/as e avós/as que desexen aprender a facer boas fotos co móbil ademais de compartir xuntos tempo de lecer, aprendendo os/as uns/has dos/as outros/as.
As prazas están limitadas a 7 persoas adultas e os/as respectivos/as netos/as.