A Casa da Cultura acolle este xoves o espectáculo As armadanzas, na punta do pé

A Casa da Cultura acolle este xoves o espectáculo As armadanzas, na punta do pé

Dirixido a un público familiar e rapaces e rapazas de entre 6 e 11 anos, a entrada é libre e de balde ata completar aforo

O salón de actos da Casa da Cultura acollerá este xoves 19 de decembro, ás 18 horas, o espectáculo “As armadanzas, na punta do pé”, pensado para un público familiar e rapaces e rapazas de entre 6 e 11 anos. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.


A función inclúese na programación cultural de Nadal deseñada pola Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa. Trátase dun espectáculo de baile participativo no que Mercedes e Montse son As Armadanzas, e a súa misión é levar ao público ata o mundo do baile tradicional galego-portugués. Contos e historias envolverannos e, sen decatarnos, todos e todas estaremos gozando do baile e dos novos compañeiros/as que imos a atopar nesta viaxe. Onde o importante non é bailar ben, senón deixarse levar pola maxia do baile...