Festival de Nadal da Escola Municipal de Solfexo e Piano e concerto do coro Son Elas, este venres no Concello de Fene
19-12-2019
As actividades enmárcanse na programación cultural de Nadal
A programación cultural de Nadal deseñada polo Concello continuará este venres 20 de decembro con doble cita musical. Así, ás 17 horas, no salón de actos da Casa da Cultura, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Solfexo e Piano ofrecerán o tradicional Concerto de Nadal, con entrada libre e de balde ata completar aforo e, ás 19 horas, pero na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Magalofes, o coro Son Elas protagonizará un concerto cun repertorio moi navideño.
Este último está formado na súa totalidade por mulleres, unidas por unha única paixón: a música. Realizan adaptacións de temas de diferentes estilos, variados e contemporáneos, a maioría versionados en lingua galega.
O nome “Son Elas” xurdiu cunha dobre condición: ser mulleres e gustarlles a música, cun certo aire reivindicativo do papel da muller na sociedade. Temas como “Quen poidera namorala” de Luís Emilio Batallán, “Lela” de Castelao, “A quen lle importa” de Alaska, “Like a prayer” de Madonna, “Make you feel my love” de Adele… sairán da voz das mulleres do Coro Son Elas.