A Igrexa de Maniños será escenario este sábado do XIX Festival de Panxoliñas
20-12-2019
Dará comezo ás 20 horas, con entrada libre ata completar aforo
As citas musicais de Nadal continuarán este sábado 21 de decembro na Igrexa Grande de Maniños. A partir das 20 horas, o templo será escenario do XIX Festival de Panxoliñas. Con entrada libre e aforo limitado, tomarán parte no mesmo o Tradicoro, Rondalla Perla del Río, Coral Eterna Xuventude, Coral Polifónica Agarimo de Sillobre, Coral Polifónica de San Valentín, Coral Polifónica O Pote e Rondalla Estrelecer.