Nenas e nenos xa poden depositar as súas cartas para os Reis Magos no buzón real instalado na casa consistorial

Nenas e nenos xa poden depositar as súas cartas para os Reis Magos no buzón real instalado na casa consistorial

O Concello anima aos máis pequenos a deixar as misivas cos seus desexos

No día de hoxe, os paxes dos Reis Magos instalaron na casa consistorial de Fene un buzón real para que as nenas e nenos do municipio poidan depositar as súas cartas. Nesta liña, o Concello anima aos máis pequenos a escribir as súas peticións e desexos e entregar as misivas xa que, nos próximos días, serán recollidas polos mesmos paxes para a súa entrega aos Reis Magos.