A programación cultural de Nadal continúa este venres con O Libro Máxico e a proposta Rock entre pais e fillos
A edil Rocío Bértoa convida ás familias a participar das iniciativas, con entrada de balde na Casa da Cultura e no local do CCRD de Perlío respectivamente
26-12-2019
O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este venres 27 de decembro o espectáculo “O Libro Máxico”, dirixido a un público familiar e infantil de entre 5 e 10 anos. Incluído na programación cultural municipal, a edil de área, Rocío Bértoa, sinala que a función dará comezo ás 12 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo.
Trátase dun espectáculo educativo, grandes doses de humor e diversión. Monicreques, contacontos, animación, clown e música en directo. Esta historia comeza cun libro “máxico” e xigante do que saen personaxes fantásticos que traerán historias para contar, cantar e sorprender.
Ademais, pola tarde, a partir das 19 horas e no local social do CCRD de Perlío, celebrarase o concerto Rock entre pais e fillos. Os/as máis pequenos/as gozarán e bailarán descubrindo da man dos seus pais e nais as cancións que marcaron a música moderna. Temas como "Johnnie be good" (Chuck Berry), "Suspicious minds" (Elvis Presley), "Proud Mary" (Creedence Clearwater Revival), "Highway to hell" (AC/DC), "Good save the queen" (Sex Pistols), "Los rockeros van al infierno" (Barón Rojo), "Are you gonna go my way" (Lenny Kravitz), etc.