O Gran Pedrini trae á Casa da Cultura o seu espectáculo “Coas mans na maxia”

O Gran Pedrini trae á Casa da Cultura o seu espectáculo “Coas mans na maxia”

Será este luns, 30 de decembro, a partir das 12 horas

O Concello de Fene porá este luns 30 de decembro o broche de ouro á programación cultural do ano 2019 con maxia. O Gran Pedrini ofrecerá no salón de actos da Casa da Cultura o seu espectáculo “Coas mans na maxia”, a partir das 12 horas e dirixido a un
público familiar. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Trátase dun espectáculo de maxia variado e divertido, clown, música, participativo, e con numerosos efectos que xerarán no público a emoción do asombro.