A activista Amelia Tiganus ofrecerá en Fene a charla “Prostitución e pornografía: violencia sexual comercial”

A activista Amelia Tiganus ofrecerá en Fene a charla “Prostitución e pornografía: violencia sexual comercial”

Será o xoves 9 de xaneiro ás 18 horas no salón de actos da Casa da Cultura

A activista Amelia Tiganus visitará a próxima semana Fene para ofrecer unha charla baixo o título “Prostitución e pornografía: violencia sexual comercial”. Será o xoves 9 de xaneiro a partir das 18 horas no salón de actos da Casa da Cultura con entrada libre ata completar aforo. Así mesmo, nesa xornada e máis o venres 10, acudirá aos centros de Secundaria e Bacharelato de Fene: CPI A Xunqueira, IES de Fene e Colexio Jorge Juan, para impartir charlas ao alumnado sobre pornografía e sexualidade, aspectos que hoxe en día contribúen ao repunte da violencia sexual contra as mulleres, sobre todo na poboación adolescente.


Amelia Tiganus é unha activista feminista, nacida o 11 de marzo de 1984 en Galati, Romanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ser explotada sexualmente durante cinco anos en España. Publicou varios artigos, de entre os cales destaca “A revolta das putas” e “O traballo faravos libres”, e é formadora en varios cursos e talleres de sensibilización e prevención da prostitución e a violencia sexual, presenciais e online.


Foi coordinadora en Feminicidio.net durante tres anos e colabora con moitas asociacións e ONGs nacionais e internacionais. Recibiu varios premios e recoñecementos ao seu labor en prol dos dereitos humanos das mulleres e as nenas. Nos últimos tres anos impartiu máis de 200 conferencias, charlas e talleres por toda España e tamén en Arxentina, Alemaña e Polonia.