Os Reis Magos visitarán Fene este domingo para atender as peticións dos máis pequenos da casa

Os Reis Magos visitarán Fene este domingo para atender as peticións dos máis pequenos da casa

A Cabalgata de Reis, organizada polo Concello, arrancará ás 17,30 h de Perlío

Convidados polo Concello, as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán Fene este domingo para facer un percorrido polas rúas do municipio e compartir a tarde cos máis pequenos da casa. Atenderán as súas peticións e, preto da noitiña, partirán para iniciar o reparto de agasallos polos fogares do municipio.


Así, a súa chegada a Fene está prevista para o domingo ás 17,30 horas. Irán a Perlío, fronte a Aguilar, para iniciar un itinerario xunto aos seus paxes pola Avenida Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais, rematando na praza do Concello, onde serán recibidos polo alcalde, Gumersindo Galego. Neste lugar, e baixo carpa, ocuparán os tronos que instalará o Concello e atenderán as peticións de nenos e nenas. Haberá festa infantil, con música, animación e moitos caramelos.

Descargas