Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista en Lugo
10-02-2020
Dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Fene, convócase para o martes 11 de febreiro de 2020 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE CLARA Mª EXPÓSITO VILANOVA de 49 anos Veciña de Lugo
Clara foi asasinada este sábado pola parella, Francisco Javier B.F., de 47 anos, en Lugo pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas as mulleres polo mero feito de ser mulleres. Este asasinato constitúe o segundo acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano.
Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.