Música e lambetadas para festexar o martes de entroido no Concello de Fene
25-02-2020
Oito establecementos de Fene colaboran este ano no reparto de doces
Cunha festa infantil baixo carpa, o Concello de Fene continúa esta tarde coas actividades do seu Entroido 2020. Como é tradicional, os protagonistas deste Martes de Entroido serán os pequenos para os que se programou unha xornada de baile, música, xogos e lambetadas.
A festa desenvolverase de 17.30 a 20.30 horas na Praza do alcalde Ramón José Souto González con entrada libre. No descanso da mesma, procederase ao reparto de freixós, orellas, rosquillas, bola e torradas entre os pequenos que asistan.
Oito establecementos do Concello de Fene colaboran este ano coa Concellería de Cultura aportando os doces típicos do Entroido que se repartirán esta tarde entre a rapazada durante a festa infantil. Trátase de: Repostería Sara, Bollería Delipán, Panadería A Broa, Panadería Amaría, Panadería El Cruce, Panadería Ramón, Repostería Martínez e Supermercados Gadis.
O Entroido de Fene concluirá mañá mércores, 26 de febreiro, co desfile e festival de comparsas que dará paso á lectura do testamento do Meco, á queima do Antón e, como fin de festa, ao habitual espectáculo pirotécnico e á verbena nocturna coa orquestra Panamá.
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Fene