Mandís pola igualdade no 8 M
03-03-2020
Dende a Concellería de Benestar e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención a Muller e Promoción da Igualdade, informamos do acto simbólico que terá lugar mañán mércores día 4 no concello consistente na colocación da bandeira conmemorativa do 8 de marzo.
Igualmente, e dentro da campaña de visibilización do traballo de coidados das mulleres, unímonos á iniciativa existente nos últimos anos de colocar no balcón municipal un mandil como símbolo dos traballos non remunerados, invisibilizados, precarios e maioritariamente realizados por mulleres.
O acto terá lugar ás 13:00 h
Igualmente, convidamos á cidadanía e establecementos de Fene a unirse á campaña de visibilización colocando mandís e mandilóns en lugares visíbeis como fenestras, balcóns, escaparates, terrazas... dende o día 4 até o 15 de marzo.