XIX Maratón de Lectura
09-03-2020
Dende a Concellalía de Benestar e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade, temos o pracer de convidar á cidadanía aos actos que terán lugar o martes 10 na Biblioteca Municipal Pérez Parallé no entorno da data de conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional da Muller".
Ás 9:15 h comezaremos coa inauguración do XIX Maratón de Lectura "Fene Lendo Mulleres". Durante toda a mañán o alumnado dos centros escolares de Fene participará coas súas lecturas, cancións e traballos previamente preparados en aula co profesorado. O maratón será inaugurado pola Concelleira de Igualdade, Mª Carmen Martínez Rodríguez, coa lectura do Manifesto elaborado este ano pola fenesa Silvia Filgueira Prego, mestra e responsable de igualdade no CEIP Centieiras. Muller escollida pola súa labor como docente no eido da educación en igualdade e na corresponsabilidade. (Axuntamos cartaz do manifesto). Ela será a encargada de clausurar o XIX Maratón de Lectura "Fene Lendo Mulleres", entorno ás 13:15 h coa lectura de novo do manifesto elaborado por ela.
Ao remate de cada grupo haberá un catering do Comercio Xusto para as persoas participantes, unha alternativa socialmente responsable con produtos de agricultura ecolóxica, caracterizados por o seu alto valor social e unha gran calidade. Un par de educadoras explicaranlles o proceso de elaboración e producción del cacao.
Durante a mañá, na Casa da Cultura, o alumnado e asistentes poderán tamén desfrutar da exposición “AS MULLERES ALIMENTAN O MUNDO”. Con ela preténdese incidir no eido da muller, o comercio xusto e o consumo responsable, concretamente busca atopar sinerxías entre mulleres do rural galego e as mulleres produtoras do Sur, que participan en proxectos ou iniciativas de comercio xusto. Quérese por de relevancia a importancia do papel da muller como provedora de alimentos no Sur e consumidora final no Norte, e a necesidade de abordar a desigualdade de xénero no ámbito da cooperación e o desenvolvemento. Os diferentes paneis amosan o papel das mulleres como produtoras de alimentos, como consumidoras, a súa relación co comercio xusto, e como garantes da soberanía alimentaria.
Os custes derivados da realización da actividade serán financiados polos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática.
Xa na xornada de tarde, ás 19:00 h e tamén na Biblioteca Municipal, mulleres da directiva de AFFINOR Ferrol (Asociacion de Fibromialxia e Fatiga Cronica do Noroeste) impartirán unha charla aberta á participación das persoas asistentes, sobre "Fibromialxia e fátiga crónica, unha enfermidade real". Con esta charla agás de achegarnos a coñecer un pouco máis esta enfermidade e o inferno que sofren as persoas que a padecen, descubriremos, dende unha perspectiva de xénero, como é ás mulleres ao grupo que máis afecta da poboación, sendo unha enfermidade eminentemente feminina. A charla será impartida por Esther Guimaré González, responsable dos proxectos socioeducativos da entidade, Justa Nieto Aguiar-Portela e Elena María López Blanco, responsables das áreas de divulgación.
A Concellalía de Benestar Social e Igualdade este ano 2020 aposta por manter unha programación de actividades de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero aberta durante todo o ano e non só centradas nas datas do 8 de marzo e o 25 de novembro. Deste xeito teremos actividades nos centros escolares e coa población adulta que pouco a pouco iremos informando. Como adianto, no mes de maio contaremos con Towanda Rebels para traballar co alumnado o concepto de feminismo, co profesorado formación en igualdade e coa poboación adulta unha conferencia sobre a 4ª Ola Feminista. No mes de xuño Virgina Imaz, artista e clown, faranos rir e reflexionar coa súa obra "SEX ou non SEX".