Tardes activas dende a casa
08-04-2020
O estado de alarma declarado para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVI 19 obrigou a suspender os programas do departamento que se viñan desenvolvendo, entre os que se atopa Envellecemento activo.
Como medida alternativa a este espazo o departamento de servizos sociais quere facervos partícipes de “Tardes activas dende a casa”. Unha proposta para dinaminar non soamente as persoas integrantes destes programas se non a toda a poboación maior de 55 anos que queira aproveitar este confinamento para a estimulación das súas capacidades, recordos e vivencias persoais.
Nesta primeira entrega propoñemos:
Un reto á memoria. Isto é, presentamos unha serie de fotografías, cada unha delas vai seguida dunha viñeta na que se recolle a localización da foto que se amosou. Trátase de recoñecer as fotografías e situalas segundo os teus recordos antes de ver a solución. ver aquí
Unha de adiviñas. Retamos a dar resposta as adiviñas achegadas. ver aquí
Actividades de memoria. Se despois destes retos tedes gañas de máis, achegemos actividades de memoria para facer na casa. Participa!!. Ver aquí
Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.
Para rematar, os servizos sociais municipais quere que vos lembredes que ante calquera necesidade asistencial urxente -alimentos, medicamentos, produtos básicos- podedes contactar có Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal, tamén estamos ao voso servizo no Concello no 981 492 707 -luns a venres en horario de mañá- ou ben na Policía Local -981 492 777- ou na agrupación de Protección Civil -663 379 073- quenes atenderán as peticións durante todos os días da semana entre as 7.30 e as 21.30h.