Teléfonos móbiles para persoas sen recursos
30-04-2020
A empresa de comunicacións Wololot SL cedeulle aos Servizos Sociais de Fene un pequeno lote de teléfonos precargados con chamadas ilimitadas, co obxectivo de poñelos a disposición de aquelas persoas que vivan soas ou familias sen recursos que non teñan ningún outro medio para contactar con familiares ou con calquera servizo asistencial que precisen.
O Concello xa entregou algúns destes terminais a persoas en situación de vulnerabilidade que estaban en seguimento por parte de Servizos Sociais. Porén, calquera persoa que o necesite ou teña coñecemento de algún outro caso, pode contactar co departamento no 981 492 706 ou co 607 600 265 para que o persoal municipal lle faga chegar un destes teléfonos móbiles.
Son modelos Nokia só para voz e levan tarxeta con saldo durante tres meses.