Sexta entrega de tardes activas na casa

Sexta entrega de tardes activas na casa

Como vimos informando, o departamento de servizos sociais quere facervos partícipes de “Tardes activas dende a casa”. Unha proposta para dinamizar toda a poboación maior de 55 anos que queira aproveitar este confinamento para a estimulación das súas capacidades, recordos e vivencias persoais.

Nesta sexta entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse no que queda de corentena. Participa!

Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!

As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.

Para rematar, os servizos sociais municipais quere que vos lembredes que ante calquera necesidade asistencial urxente -alimentos, medicamentos, produtos básicos- podedes contactar có Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal, tamén estamos ao voso servizo no  Concello no 981 492 707 -luns a venres en horario de mañá- ou ben na Policía Local -981 492 777- ou na agrupación de Protección Civil -663 379 073- quenes atenderán as peticións durante todos os días da semana entre as 7.30 e as 21.30h.

Descargas