Nova edición da Festa da Veciñanza

Nova edición da Festa da Veciñanza

Xornada de convivencia interxeracional que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene, coa colaboración do movemento asociativo do Concello, e que terá lugar hoxe mércores, 13 de xullo, na Praza do Concello. A Festa encádrase no ciclo do Día da Patria Galega que comezou o pasado venres cun concerto de Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre e que concluirá este xoves coa lectura da Declaración Institucional do Día da Patria Galega no parque liñal do Río Cádavo, a cargo de Paloma Rodríguez Vázquez.