Sétima entrega de tardes activas dende a casa
20-05-2020
O departamento Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .
Nesta sétima entrega propoñemos retos, actividades de cálculo, actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa. Participa!
Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.
Para rematar, os servizos sociais municipais quere que vos lembredes que ante calquera necesidade asistencial urxente -alimentos, medicamentos, produtos básicos- podedes contactar có Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal, tamén estamos ao voso servizo no Concello no 981 492 707 -luns a venres en horario de mañá- ou ben na Policía Local -981 492 777- ou na agrupación de Protección Civil -663 379 073- quenes atenderán as peticións durante todos os días da semana entre as 7.30 e as 21.30h.