Que a memoria non pare
16-06-2020
O departamento Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .
Nesta entrega do 15 de xuño propoñemos retos, actividades de cálculo, actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa. Participa!
Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.