Con motivo do 28 de xuño, Día das Diversidades Sexuais, a Deputación da Coruña organiza o concurso "Balcóns da Diversidade"
16-06-2020
Para participar é preciso publicar en Facebook unha imaxe do balcón/fiestra decorada coas cores do arco da vella (debuxos, bandeiras... ou calquera outro formato artístico), entre o 12 e o 28 de xuño, empregando o cancelo #seresentir. A foto que máis 👍 obteña será a gañadora.
Neste mes de xuño enchamos os balcóns e fiestras coas cores do arco da vella para reivindicar a liberdade de ser e sentir!.
Máis info en www.seresentir.gal ou no correo info@seresentir.gal
Achegamos o enlace da publicación que se fixo no perfil de Facebook da Deputación da Coruña e a imaxe gráfica.
PALESTRA:
Desde hoxe está dispoñible a segunda palestra que leva por título "Diversidade sexual na infancia e adolescencia", onde o filósofo e investigador da USC, Enrique Latorre, presenta e conduce esta palestra que conta coa participación de Noemí Díaz e Inés del Río, expertas en dous ámbitos esenciais para o desenvolvemento das crianzas, como son a educación e a saúde:
- Noemí Díaz é profesora de bioloxía e xeoloxía no IES Eusebio da Guarda da Coruña e Vice coordinadora da Rede Educativa Apoio LGBTIQ Galicia e integrante da Asociación Les Coruna.
- Inés del Río traballa como pediatra de Atención Primaria desde hai 20 anos, e con especial atención á Bioética desde hai 7. É voluntaria de Médicos do Mundo onde participa como vogal de Dereitos Humanos e Xénero en Galicia. Para visualizala pódese facer a través do seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=BT_frKdsgc0
Ou entrando na web da Campaña www.seresentir.gal