28 de xuño, Día da Diversidade Sexual

28 de xuño, Día da Diversidade Sexual

O espazo web Liberdade de ser e sentir  difunde  a terceira palestra que leva por título "Tratamento informativo do colectivo LGTBQI+ nos medios de comunicación", coa participación de Ángela Fernández, Daniela Ferrández e Bárbara G. Vilariño.

"Por desgraza sigue habendo moitos estereotipos, moito tratamento non real e moita linguaxe non ben utilizada. O colexio ten unha guía de linguaxe inclusiva na que está este colectivo e outros moitos e aínda hai traballo por facer [...] Hai que afinar moitísimo os discursos, afinar a linguaxe, o tratamento e sobre todo, os estereotipos. Rachar con eses estereotipos, e digamos tamén facer mención, cando hai que facer mención á identidade e orientación sexual das persoas protagonistas das novas", Ángela Fernández, xornalista, docente e vecenllada desde hai uns anos ao Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia.

Para visualizala na súa totalidade, pódese facer a través do seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=mhyfKy53-hU

Contacontos dirixido ao público familiar

Por outra banda, A Trastenda dos Contos (CAXOTO) preséntanos: PLANETA LGTB, unha viaxe interplanetaria para poñer en valor a diversidade de gustos, apetitos e atraccións. Un encontro na terceira fase para naturalizar unha realidade que xa a ninguén debería estrañar: A diversidade sexual e de xénero.

Para visualizar o vídeo, pódese facer a través do seguinte enlace: https://youtu.be/c_WP5JyQecs

O próximo xoves estará dispoñible a segunda parte, a cal poderase visualizar ata o domingo 28 de xuño.

No caso dos contacontos, a súa dispoñibilidade ten unha duración determinada para preservar a obra do autor