28 de xuño, Día da Diversidade Sexual

28 de xuño, Día da Diversidade Sexual

Xa están dispoñibles os seguintes contidos da campaña de Liberdade de Ser e Sentir!:


- Segundo contacontos que nos trae Felipe Caxoto (Trastenda dos Contos) e que estará dispoñible ata o domingo. Este último conto, Unha Caixa de Pinturas, trata sobre a diversidade emocional, e é co que queremos chegar ás crianzas e ás familias para falar sobre a diversidade sexual e a identidade de xénero.


https://www.youtube.com/watch?v=jGBQ8rCbhDI&t=16s

- Presentamos a...


Entidades que traballan a prol dos dereitos e liberdades dos colectivos LGTBQI+:


Sex Point CASCO. Contan co servizo Sex Point como punto permanente de información e solución ás ITS para todos os colectivos.
https://www.youtube.com/watch?v=0h_NW6vcWws

ARELAS, Asociación de familias de menores trans*. Defenden os dereitos e intereses das persoas trans menores de 20 anos.
https://www.youtube.com/watch?v=HPCtMvZqIBY

LES Coruña. Asociación de mulleres pola igualdade e a visibilidade de lesbianas, bisexuais e persoas trans.
https://www.youtube.com/watch?v=WYtXrIw-5jk

A partir de hoxe xa está dispoñible a última palestra: "Literatura e diversidade sexual", coa participación de Lucía Aldao, María Reimóndez e Martín Añel.

Pode ser a literatura un espazo seguro para as persoas que formamos parte de colectivos minorizados?.

Lucía Aldao: "As identidades non son efémeras, constrúense con moito traballo, con moita loita detrás para que consten e para que permanezan. Por iso é tan necesario que estean representadas, ben representadas na literatura. Ninguén debería ser algo do que non se fala, algo sobre o que non se escrebe".

María Reimóndez: "A literatura non representa o que existe, e cando se fala agora de todo este tema da diversidade de familias, por exemplo, de estruturas familiares, ou toda a cuestión da diversidade sexual e de xénero, pois todo iso está na sociedade, onde non está é na literatura. A literatura sigue reificando unha e outra vez as estruturas heteropatriarcais, as estruturas de xénero e aí temos aínda moito que traballar."


Podedes ver e difundir o contido completo a través do seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=SLbtuFYrdmw

Todos estes contidos están dispoñibles na web www.seresentir.gal


Recordamos que segue en marcha o concurso de Facebook "Balcóns da Diversidade", polo que vos agradecemos que lle deades difusión co fin de encher os balcóns e fiestras coas cores do arco da vella para reivindicar a liberdade de ser e sentir!.

https://www.facebook.com/Depucoruna/posts/2349159092043417

O próximo 28 de xuño é o día do orgullo, das diversidades sexuais, e queremos reivindicar que a Liberdade de ser e sentir! é un dereito que ten que estar presente en cada minuto das nosas vidas.