O vindeiro luns abre o prazo de solicitude de horas de adestramento de pretempada e tempada nas instalacións deportivas municipais

O vindeiro luns abre o prazo de solicitude de horas de adestramento de pretempada e tempada nas instalacións deportivas municipais

A Concellería de Deportes de Fene informa de que o luns 13 de xullo abre o prazo de solicitude de horas de adestramento para a pretempada no campo de Fútbol Os Pinares e no pavillón polideportivo da Xunqueira, e para a tempada 2020/2021 no campo de Fútbol e nos pavillóns municipais de “O Ramo” e “A Xunqueira”.

Aqueles clubs interesados en solicitar horas de adestramento deberán remitir nas datas que se indican a continuación a relación de horas que solicitan de cada instalación para a pretempada e para a tempada 2020 -2021. Asimesmo, deberán especificar as horas que lles interesan, o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora e comunicar se solicitan pista/campo completo ou terzo de pista/medio campo. No caso de non especificar, entenderase que solicitan pista ou campo completo.

Como novidade, atendendo ás especiais circunstancias sanitarias que estamos a vivir, este ano, xunto coa solicitude de horas de adestramento, os clubs deberán achegar o protocolo sanitario COVID-19 a seguir polos/as participantes nos adestramentos nas instalacións deportivas municipais, protocolos que os clubs deberán adaptar atendendo ás pautas marcadas polas Federacións correspondentes.

As solicitudes de pretempada realizaranse unicamente para o campo de Fútbol dos Pinares e para o pavillón da Xunqueira.

As solicitudes de adestramento da tempada poderán realizarse para o campo de Fútbol dos Pinares, pavillón municipal “A Xunqueira” e pavillón municipal “O Ramo”

Os prazos para entregar as solicitudes de adestramento da pretempada para os clubs federados de Fene serán: para o Campo de Fútbol dos Pinares (do 13 ao 24 de xullo); para o Pavillón polideportivo da Xunqueira (do 15 de xullo ao 24 de agosto).

Os prazos para entregar as solicitudes de adestramento da tempada para os clubs federados de Fene serán os seguintes: para o Campo de Fútbol dos Pinares (do 13 de xullo ao 24 de agosto); para o pavillón municipal “A Xunqueira” e para o pavillón do Ramo (do 13 de xullo ao 16 de setembro).

Os equipos non federados, asociacións deportivas non federadas e particulares poderán solicitar as horas que queden libres despois de confeccionar o horario inicial de clubs federados do Concello, dende o 21 ao 25 de setembro.

As solicitudes poderán entregarse no rexistro Xeral de entrada do Concello de Fene, no primeiro andar da Casa do Concello (previa cita no teléfono 981 061 034) ou telemáticamente, no Rexitro Xeral do Concello de Fene (https://sede.fene.gal/opencms/gl)


PERÍODOS DE ADESTRAMENTO DA PRETEMPADA E TEMPADA

Tal e como se establece na normativa publicada pola Concellería de Deportes, os períodos de adestramento da próxima pretempada e tempada serán os seguintes:

CAMPO DE FÚTBOL DOS PINARES

• Adestramentos de pretempada: do día 1 ao 31 de agosto de 2021.
• Adestramentos de tempada: dende o día 1 de setembro de 2020 ata o 30 de xuño de 2021.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL “A XUNQUEIRA”

• Adestramentos de pretempada: do día 1 ao 30 de setembro de 2019.
• Adestramentos de tempada: dende o día 1 de outubro de 2020 ata o 30 de xuño de 2021.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL “O RAMO”

• Adestramentos de tempada: dende o día 1 de outubro de 2020 ata o 30 de xuño de 2021.

Para máis información, cómpre chamar ao Departamento de Cultura e Deportes, tfno. 981 340 366, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas. Para descargar a normativa de solicitude e uso do campo de fútbol dos Pinares e pavillóns polideportivos municipais da Xunqueira (San Valentín) e O Ramo (Barallobre), así como as follas de solicitude de adestramento (pretempada e tempada), cómpre dirixirse á web municipal www.fene.gal.

 

Descargas