Clausura mocidade activa
18-08-2020
Mocidade activa desenvolveuse do 15 de xullo ao 14 de agosto. Participaron 22 rapaces/as con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos.
Mocidade Activa tivo como finalidade fomentar o uso saudable do tempo de lecer a través das actividades lúdico educativas que se indican. Aumentar as habilidades básicas e de resistencia para anticiparse aos problemas que poidan xurdir polo uso ou abuso das adicións.
Ao longo deste tempo se desenvolveron os obradoiros de Mocidade Activa. Días intensos nas que mozos e mozas de Fene, Mugardos e Neda puideron probar actividades como Artesanía Electrónica, Pilotaxe de Drons, Fútbol Burbulla, Habilidades dun youtuber, Deseño e impresión 3D, Skate, Habilidades persoais, Habilidades de comunicación, Radio… Estas actividades favoreceron a cohesión social do grupo.