As Queridas Donas de Isabel Seco Espada permanecerán na Casa da Cultura de Fene todo o mes de setembro
02-09-2020
Os seus comezos foron co profesor de artes plásticas e escritor Andrés Fernández Rifón. Posteriormente formouse co pintor e ilustrador Leandro Lamas e, na actualidade, é a profesora de arte Begoña Gorostidi, a que a acompaña nesta andaina.
A mostra, que abre ao público desde este mércores, titúlase “Queridas Donas” e está adicada a todas as mulleres “que forman parte da miña vida, aos sentimentos e emocións das mulleres libres, mulleres namoradas, mulleres valentes, mulleres teimudas, mulleres apaixonadas, mulleres estresadas, mulleres solitarias, mulleres soas, mulleres ilusionadas, mulleres tristes, mulleres vitais, mulleres abandonadas, mulleres respetables, mulleres celosas, mulleres plenas...”
A mostra inclúe acuarelas, óleos e acrílicos de estilo realista e abstracto. Obras nas que, ademais, emprega materiais cotiás coma o papel, a area e o xeso. Hai cadros feitos con pincel, con paleta, con rotulador e coas mans; empregando distintas técnicas para o seu acabado.
Quen queira achegarse pola sala de exposicións da Casa da Cultura pode facelo desde hoxe e ata o día 15 de setembro en horario de 10.30 a 13.30h. de luns a venres. As posibilidades amplíanse despois desa data, xa que a partir do 16 a sala abrirá das 10 ás 13.00h. de luns a sábado e tamén pola tarde, das 16 ás 21.00h. de luns a venres.