Clausura do grupo de apoio emocional para mulleres

Clausura do grupo de apoio emocional para mulleres

Remata o PROXECTO INDIRA IV-2020 “Os Labirintos da vida cotiá”

O Proxecto INDIRA-IV constou dun total de 16 sesións de dúas horas de duración que se desenvolveron dous días á semana ao longo do mes de agosto e setembro. Participaron  un total de 23 persoas nas ndúas edicións deste ano.


OBRADOIRO CRISES E LOITOS


Nesta nova edición de INDIRA levouse a cabo un obradoiro teórico-práctico que axudou a coñecer e entender os procesos das crises e adquirir ferramentas que permitiran vivilas e atravesalas con consciencia; as crises forman parte da nosa vida e son necesarias para buscar oportunidades de cambio.


Os obxectivos que marcamos foron:
• Axudar a entender e coñecer os procesos do loito.
• Entender as crises como posibilidades de cambio.
• Ter conciencia das crises e dos loitos ao longo da vida.
• Obter ferramentas para transitar de mellor forma por estes procesos.
• Aprender a facer despedidas e pechar etapas da vida.
• Reconectar coa enerxía vital e facer procesos de transformación persoal.
E os contidos traballados para acadalos foron:
• Sanación momento presente
• Autocoñecemento
• Saúde e enfermidade
• Guións de vida
• Conceptos clave: labirintos e loitos
• Respiración
• Conexión corporal
• Conciencia plena

As valoracións ao remate da actividade foron moi positivas tanto por parte das participantes como da terapeuta e a responsable municipal, quedando aberta a posibilidade de continuar máis adiante con novas edicións de INDIRA.


Esta actividade foi cofinanciada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020