A biblioteca municipal de Fene conmemora o Día das Escritoras cunha mostra bibliográfica
14-10-2020
Até o vindeiro 19 de outubro, a biblioteca Xosemaría Pérez Parallé de Fene acolle unha pequena mostra bibliográfica adicada ás escritoras. A iniciativa encádrase na conmemoración do Día das Escritoras que promove a Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas. A exposición amósase nesta instalación municipal de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, e o sábado, de 10.00 a 13.00 horas.
Dende o ano 2016, o Día das Escritoras “busca reivindicar a labor e o legado das mulleres escritoras ao longo da historia, a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras”. Cada ano, esta celebración ten lugar o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús (15 de outrubro).
FIN DO CICLO “LER CONTA MOITO”
Organizado tamén pola biblioteca municipal de Fene, este xoves finaliza o ciclo “Ler conta moito”. Nesta terceira e última sesión do programa, a compañía Ghazafellos presentará no salón de actos da Casa da Cultura, a partir das 18 horas, o espectáculo “A máquina do tempo”, dirixido a nenos/as de 5 a 11 anos. Prazas esgotadas.
En “A máquina do tempo", “a doutora Mon e o seu axudante Pe, logran construir unha máquina do tempo coa que nos amosarán a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a algún voluntario ou voluntaria a distintas épocas da nosa historia”.