A biblioteca municipal de Fene anuncia o aprazamento da actuación de Ghazafellos desta tarde

A biblioteca municipal de Fene anuncia o aprazamento da actuación de Ghazafellos desta tarde

Por razóns alleas á organización, suspéndese a terceira e última función do ciclo “Ler conta moito” que ía ter lugar esta tarde na Casa da Cultura de Fene. Segundo informan dende biblioteca municipal, o contacto dun dos membros da compañía cun positivo por Covid-19 motivou a corentena do elenco do grupo ao completo, razón pola cal
non poderán actuar finalmente esta tarde en Fene.


Perante esta incidencia, a función de Ghazafellos co espectáculo “A máquina do tempo” adíase para o 29 de outubro ás 18.00 horas, manténdose a reserva de prazas para as persoas que tiñan confirmada a súa asistencia esta tarde.