O Concello de Fene anima á veciñanza a solicitar o servizo de acompañamento contra a soidade

O Concello de Fene anima á veciñanza a solicitar o servizo de acompañamento contra a soidade

Baixo o lema "En tempos de Covid botámoste un cable!", a concellería de Servizos Sociais desenvolve dende hai uns meses, coa colaboración da Asociación ASCM, un novo servizo que ten como obxectivo evitar ou combater o illamento social das persoas. A iniciativa vai dirixida á veciñanza de Fene, fundamentalmente ás persoas maiores ou en risco de illamento e consiste en ofrecer a quenes o demanden e precisen, acompañamento telefónico periódico: diario, semanal ou mensual, en función das súas necesidades. O servizo é completamente de balde e pódese solicitar chamando ao teléfono 981 34 26 07
 
Unha vez recibida a solicitude e verificada por parte do Concello a "situación de soidade", elabórase dende Servizos Sociais unha ficha de derivación que se remite á asociación ASCM. Esta entidade conta na actualidade cun grupo de voluntarios/as que se encargan de realizan as chamadas aos/ás usuarios/as do servizo. Ademais, se detectan algunha posible urxencia que afecte a estas persoas, tamén o comunican ao Concello.
 
O Servizo de Acompañamento Telefónico funciona en Fene dende o pasado mes de abril. Foi unha das actuacións impulsadas polo Concello de Fene a raiz do comezo da pandemia da Covid 19.
 
Descargas