Un Nadal Solidario
23-12-2020
O Concello de Fene, en colaboración coa entidade Dignidade Ferrol repartirá o xoves día 24 de decembro 45 menús de Noiteboa para aquelas persoas e familias que están a pasar por unha situación de precariedade, que en moitos casos veuse agravada pola situación provocada pola COVID-19.
Ademais a Concellería de Servizos Sociais, Benestar e Igualdade do Concello de Fene quere agradecer a todas as persoas e entidades que colaboraron nestas datas dun xeito desinteresado có noso Concello, aportando solidariedade nun momento tan especial como é o Nadal. Isto é,
Grazas á Asociación de Técnicos Auxiliares de Farmacia de Ferrolterra, pola doazón de paquetes de bombóns, que serán entregados ás familias no reparto de alimentos do vindeiro 30 de decembro.
Grazas ao IES de Fene pola campaña de recollida de xoguetes e alimentos realizada entre o 14 de novembro e o 21 de decembro, entre todo o alumnado.
Grazas á asociación ASCM polo servizo de voluntariado que está a realizar na campaña "En tempos de Covid botámoste un cable!". Campaña dirixida a veciñanza de Fene que precise acompañamento telefónico có obxectivo de evitar ou combater o illamento social.
E como non pode ser doutro xeito, grazas de novo á Protección Civil de Fene pola colaboración para a recollida destas doazóns, e a súa posterior entrega en Servizos Sociais.