Novo paquete de exercicios do programa Tardes activas dende a casa
12-01-2021
A pesar de que a situación sanitaria obrigou a suspender a programación presencial do Programa de Envellecemento Activo municipal "Tardes Activas" , área de Benestar e Igualdade mantén a súa actividade
"Tardes activas dende a casa" é unha iniciativa de dinamización pensada para todas as persoas maiores de 55 anos e non só para quen xa estivese participando nalgunha actividade do programa municipal de envellecemento activo.
As solucións aos retos propostos figuran ao remate do documento pero, quen queira, pode enviarlas tamén ao correo servizos.sociais@fene.gal.
De maneira complementaria, o Concello tamén adaptou parte dos contidos a un formato radiofónico, de xeito que se faciliten as vías de participación ampliándoas a aquelas persoas que non teñan competencias dixitais ou que non dispoñan de ordenador ou alguén na casa que poida axudarlles.
Así, tódolos martes 12.00h pode seguirse en Radio Fene o espazo "Fene na Memoria" proporcionando a través das ondas exercicios e actividades prácticas enfocadas á prevención do deterioramento cognitivo.
Para máis información dirixirse a:
DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
Teléfonos: 981 492 706 / 981 342 607 EXT 2256
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal