Continúan nos centros educativos de Fene os obradoiros de prevención de conductas adictivas
19-01-2021
Imaxe arquivo
A Concellería de Benestar Social e Igualdade pon en marcha nos centros escolares os obradoiros Non pasa nada, pasa algo?, encamiñados a mellorar a información sobre as adiccións.
As actividades estan destinados ao alumnado de 3º, 4º de ESO e FP Básica, e nestas ofrecéselles ao alumnado a manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.
Estes obradoiros complementan os xa iniciados en decembro e enmárcanse no Programa de Saúde na Escola.
"Non pasa nada, pasa algo?” está encamiñado a mellorar a información sobre as adiccións, de maneira precisa e axeitada debido a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos aditivos, de aí que adquira sentido informar para axudar a entender as características xerais do fenómeno que nos ocupa, as súas implicacións na sociedade e a desterrar prexuízos, así como a establecer un maior coñecemento nesta materia.
De tal xeito que se evita o desenvolvemento e consolidación de consumos problemáticos e promover estilos de vida saudables entre os adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.
Os obxectivos que se marcan no programa son os seguintes:
- Mellorar a información do alumnado sobre as substancias, efectos e consecuencias en aspectos físicos, psíquicos, sociais e legais.
- Incrementar a percepción do risco relacionado co uso de drogas entre o alumnado.
- Sensibilizar sobre as seguintes adiccións: alcohol, cannabis e ludopatías.
As sesións son impartidas por unha técnica de ASFEDRO.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal