As instalacións deportivas municipais abren ao público

As instalacións deportivas municipais abren ao público

O Departamento de Deportes do Concello de Fene informa de que á vista da flexibiliación das restriccións decretadas pola Xunta o pasado día 26 de xaneiro,  e á espera da publicación da correspondente Orde no DOG,  as instalacións deportivas municipais voltarán a abrir ao público e  reanudaran a súa actividade gradualmente deste modo:

PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS

  • Apertura ao público,  sábado día 27 de febreiro no horario de apertura establecido antes das últimas restriccións do 26 de xaneiro
  • Reinicio de escolas deportivas que se desenvolven na instalación o sábado 27 de febreirio. Poderán asistir   os usuarios inscritos nos cursillos en semanas alterna que lles corresponda a partir dese día.

PAIVLLÓN MUNICPAL A XUNQUEIRA E PAVILLÓN MUNIPAL O RAMO

  • Apertura ao públco, luns día 1 de marzo no horario de apertura establecido antes das últimas restriccións do 26 de xaneiro
  • Reinicio das escolas deportivas que se desenvolven na instalación o luns 1 de marzo. Poderán asistir os usuarios nos días e horas que tiñan as súas actividades programadas.
  • Alugueiros de pistas e espazos para clubes e particulares, o luns 1 de marzo segundo estableza a nova Orde que publique a Xunta de Galicia.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS QUE SE DESENVOLVEN FÓRA DO PAVILLÓN E PISCINA (Kárate e Judo), Ximnasio da casa da Cultura

  • Reinicio das actividades o luns 1 de marzo.

O concello de Fene que recórdalles:

- Que é obrigatorio o uso de máscara durante o acceso, estancia e o desenvolvemento da actividade deportiva dentro das instalacións, agas no transcurso das escolas de natación.

- A ratio de alumnos nas actividades serán os autorizados pola normativa sanitaria  que se publique na nova Orde da Xunta.

Descargas