Non pasa nada, pasa algo?
15-03-2021
O alumnado do obradoiro dual de emprego Reinicia VII participará ao longo desta semana no programa “Non pasa nada, pasa algo?”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Trátase dunha actividade encamiñada a manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e no ámbito laboral, reforzando actuacións preventivas.
Programa enmarcado no proxecto de prevención de condutas adictivas, realizado conxuntamente coa agrupación de concellos de Neda e Mugardos e subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Esta actuación está encamiñada a mellorar a información sobre as adiccións, de maneira precisa e axeitada debido a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de sustancias e comportamentos adictivos, de aí que adquira sentido informar para axudar a entender as características xerais do fenómeno que nos ocupa, as súas implicacións na sociedade e a desterrar prexuízos, así como a establecer un maior coñecemento nesta materia.
Na intervención a realizar se marcan os seguintes obxectivos:
- Facilitar información sobre adiccións con sustancias e comportamentais
- Sensibilizar sobre as seguintes adiccións: alcohol, cannabis e ludopatías
- Informar e concienciar sobre os riscos que conlevan as adiccións.
- Formar sobre as consecuencias dos riscos laborais baixo efectos de sustancias
A sesión é impartida por unha técnica de ASFEDRO e a coordinadora do programa é a pedagoga municipal.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981 492 706 / 981 342 607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal