Inscrición nos obradoiros de alimentación saudable
30-04-2021
O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, e agrupación de concellos de Mugardos e Neda, desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarca o programa familiar “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Ao abeiro deste programa no mes de maio desenvolverase o obradoiro de alimentación saudable, dirixido ás familias.
Esta proposta ten por obxecto conseguir a creación de hábitos saudables a través de coñecementos básicos sobre a influencia da alimentación ademais de concienciar sobre os beneficios que aporta o consumo consciente e responsable así como ofrecer estratexias de elaboración da lista da compra.
Preténdese crear un espazo no que as familias poidan expresar as súas inquedanzas, dúbidas e dificultades; tamén para aprender e reflexionar conxuntamente.
Datas: 7, 14, 21, 28 de maio.
Horario: de 10:30 a 12:00h.
Lugar: Casa da cultura.
Os contidos a tratar son:
- Benestar físico, emocional e social.
- Dieta saudable e equilibrada
- Alimentación e nutrición
- Etiquetas nutricionais
- Consellos á hora de comer
- Estratexias de elaboración da lista da compra
A estas e outras preguntas daremos resposta neste obradoiro dinámico e participativo, da man de profesionais da empresa ASEDUC.
Para participar é necesario cumprimentar a FOLLA DE INSCRICIÓN, que se remitirá ata o 5 de maio o centro Municipal de Servizos Sociais. Na caixa de correo: servizos.sociais@fene.gal ou ben no teléfono: 981342607 - 981492706 ext 2256
As prazas limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal