Campaña #MachismoEsViolencia

Campaña #MachismoEsViolencia

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar e Igualdade súmase á difusión da campaña de concienciación social dirixida á poboación xeral #MachismoEsViolencia que ven de poñer en marcha a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade (DGVG).

O obxectivo principal é dar cumprimento ao Convenio de Estambul e ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, concienciando á cidadanía para identificar violencias contra as mulleres que poden normalizarse e pasar desapercibidas.

Controlar é violencia
Humillar é violencia
Berrar é violencia
Acosar é violencia
Someter é violencia

Convidamos á cidadanía a colaborar na difusión desta campaña nas redes sociais e/ou imprimindo o cartaz para expoñelo nun lugar visible.

Descargas
Ligazóns