Obradorios dixitais para familias con crianzas

Obradorios dixitais para familias con crianzas

A Área de Benestar e Igualdade do Concello de Fene abre a convocatoria de inscrición en obradoiros dixitais dirixido as familias con crianzas.

Obradoiros  ao abeiro do convenio para a xestión compartida cós concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nos obradoiros, que se realizarán en modalidade telemática, poderán inscribirse até 15 persoas e as prazas cubriránse por orde de inscrición.

INFANTIL
“ Como educar na pandemia dixital e non sentirse fatal”
Data: mércores 19 e 26 de maio de 2021
Hora: De 16.30 a 18.00h

PRIMARIA
“ Como acompañar nos usos das tecnoloxías e saber desconectar algúns días“
Data: xoves 20 e 27 de maio de 2021
Hora: De 16.30 a 18.00h

ESO E BACHARELATO
“ Como atender as súas necesidades e aprender das súas realidades”
Data: xoves 21 e 28 de maio de 2021
Hora: De 16.30 a 18.00h


O número de prazas está limitado a 15, para así  garantir un espazo virtual dinámico e participativo, buscando a interacción e dominio de ferramentas tecnolóxicas .

O período de inscrición está aberto ata o 17 de maio ou ata que se cubran as prazas por orde de inscrición.

Para inscribirse, enviar solicitude  cuberta a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal


Unha vez confirmada a inscrición, remitirase o enlace á sala virtual onde terá lugar a formación.

Máis información:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

 

Descargas