Listado de admitidos/as e agarda no Verán diferente II
08-06-2021
A entrega de documentación será do 14 ao 17 de xuño
A rapazada con praza poderá formalizar a matriculación en “Un verán diferente” dende o día 12 de xuño. Consultar listado aquí.
Nesta fase de matriculación, que se prolongará do 14 ao 17 de xuño, os pais/nais deberán achegar a documentación especificada nas bases do programa: ficha de datos, ficha médica, informe médico (de ser preciso), declaración de autorizacións, fotografía, xustificante de pagamento da cota, copia da tarxeta sanitaria e declaración responsable a respecto da Covid-19. Tamén neste caso, a achega de documentación realizarase preferentemente por vía telemática aínda que, excepcionalmente, permitirase a matriculación presencial (do 14 ao 17 de xuño) con cita previa.
O custe da actividade ascenderá a 34 € para o primeiro membro da unidade familiar e a 18 € a partir do segundo membro da unidade familiar. Ademais, en situación de escasa capacidade económica, “as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo acceder gratuitamente a esta actividade nos termos sinalados no artigo 4) da Ordenanza fiscal núm. 2”.
Por último, a Concellería de Cultura lembra que haberá unha reunión previa cos pais/nais/titores dos participantes en cada quincena e coa empresa organizadora da actividade. As reunións terán lugar na no Salón de Plenos da Casa do Concello o luns 28 de xuño ás 19:00 e 20:15 h para os/as participantes na primeira quincena e o mércores 29 de xuño ás 19:00 e 20:15 h para os/as participantes na segunda quincena.
Para máis información sobre o programa cómpre chamar ao Departamento de Cultura e Deportes (tfno. 981 340 366) ou enviar un correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal.