Convocada unha nova xornada de formación online sobre o acompañamento dixital e a prevención de condutas adictivas

Convocada unha nova xornada de formación online sobre o acompañamento dixital e a prevención de condutas adictivas

A área de Benestar Social e Igualdade desenvolverá unha nova  sesión formativa no eido da prevención das conductas adictivas. Obradoiro dixital dirixido a persoas adultas.


Data: xoves 10 e 17 de xuño 
Hora: de 16.30 a 18.00h.

Este obradoiro dixital está orientado para todas aquelas persoas adultas que busquen un espazo formativo dinámico onde falar sobre as redes sociais e como  adaptarnos á comunicación dixital coas novas realidades derivadas da pandemia; aprenderemos a mellorar a nosa seguridade en internet (revisar termos de privacidade nas diferentes aplicacións que usamos a diario, crear contrasinais seguras, etc.). Tamén trataremos os conceptos de identidade e pegada dixital, para coñecer a información que ten internet sobre nós e que pegada deixan as nosas accións nas redes. Todo isto abordarémolo tendo en conta as emocións e necesidades que nos espertan os usos das TRIC (Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación) e valorando o noso benestar dixital a través dos usos saudables e aqueles hábitos ou rutinas que nos poden estar a ocasionar certos riscos na nosa saúde ou seguridade.

A actividade contará con límite de 15 prazas para poder garantir un espazo virtual dinámico e participativo, buscando a interacción e dominio de ferramentas tecnolóxicas.

O período de inscrición a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal

As prazas cubriranse por orde de inscrición.

O programa

O Concello de Fene mantén un convenio para a xestión compartida cos concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este convenio desenvolvese a través da Área de Benestar Social e Igualdade en colaboración coa Consellería de Sanidade, Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública no que se enmarca entre outros, o programa de Formación en acompañamento dixital