Liberdade de ser e sentir, 28 de xuño día da diversidade sexual
14-06-2021
28 de xuño día da diversidade sexual
A área de Igualdade do Concello de Fene adhírese un ano máis á Campaña “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” da Deputación da Coruña na súa aposta por visibilizar a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e có fin de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e xerar unha sociedade máis tolerante e igualitaria.
O Concello de Fene colocará a bandeira cos cores da arco da vella na fachada da casa consistorial e convida a toda a veciñanza a facer o mesmo, lucíndoa dende as súas fiestras.
As actividades que se levarán a cabo, o material da campaña, vídeos, palestras, xornadas... atópanse na web seresentir.gal, polo que animamos á veciñanza a visitar a páxina e participar delas.