Obradoiro dixital para a mocidade

Obradoiro dixital para a mocidade

Acción formativa orientada á rapazada, a partir dos 12 anos

Neste espazo formativo e dinámico os contidos a abordar serán, entre outros, como navegar por internet, usar as redes sociais e aprender disfrutando do mundo dixital dunha maneira libre, segura e igualitaria. Todo isto abordarase tendo en conta as emocións e necesidades que nos espertan os usos das TRIC (Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación) e valorando o noso benestar dixital a través dos usos saudables e aqueles hábitos ou rutinas que nos poden estar a ocasionar certos riscos na nosa saúde ou seguridade.

Data: luns 28 de xuño de 2021
Hora: De 11.00 a 13.00h
Lugar: Casa da cultura de Fene

As prazas están limitadas a 15 por grupo para poder garantir un espazo , dinámico e participativo, buscando a interacción.

O período de inscrición está aberto ata o 25 de xuño ou ata que se cubran as prazas por orde de inscrición.

As solicitudes realizaranse enviando a ficha de inscrición cuberta a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal

Actividade enmarcada no proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local, realizada  dende a Área de Benestar Social e Igualdade  do Concello de Fene; en colaboración coa Consellería de Sanidade, Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública; xunto cós Concellos de Neda e Mugardos.


Para calquera información dirixirse a:


CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Descargas