Mocidade activa 2021
24-06-2021
AMPLIADO PRAZO ATÉ O 2 DE XULLO
O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa de MOCIDADE ACTIVA, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
As solicitudes recóllense por medios telemáticos no centro municipal de Servizos Sociais do concello de Fene a través do e.mail servizos.sociais@fene.gal e excepcionalmente de forma presencial, previa cita nos teléfonos 981342607/981492706 de luns a venres en horario de 10.00h a 14.00h ata o 2 de xullo. (prazo ampliado)
Os requisitos para a formación de grupos e reunir un número minimo de 8 participantes e un máximo de 10. A Se non se acada o grupo minimo realizarase a actividade noutra localidade según a demanda recollida
As prazas cubriranse por orde de inscricións
A quen vai dirixido?
A rapazada con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos.
Canto tempo de duración?
O programa iniciase o 6 de xullo e finaliza o 29 de xullo, cunha duración minima de 3h ou máxima de 9 por cada obradoiro O horario está comprendido entre ás 10.30 ás 13.30h.
Onde?
En Fene: As actividades de interior e exterior nas instalacións do C.PS de San valentín e espazos ao aire libre.
En Mugardos: As actividades de interior na casa da cultura e as de exterior en pista deportiva e espazos ao aire libre.
En Neda: As actividades realizaranse nas instalacións deportivas do Roxal.
En que consiste o programa?
Mocidade Activa ten como finalidade favorecer a cohesión social do grupo para poder traballar mediante actividades como Drons, Skate e outros como lettering, Youtube/tiktok, …..
Aproveitanse estas actividades para reflexionar e sensibilizar sobre as adicións comportamentais ou con sustancias, por medio de actividades e creando espazos de experimentación, de libre expresión e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión..
Educar á xuventude pasa por EMPODERAR á rapazada, facendoos máis libre e máis críticos co mundo que os rodea. Queremos mozos/as fortes e seguros/as de si mesmos/as, con valores e ideais, pero para iso necesitamos que atopen as respostas ás súas preguntas, que afonden nos seus talentos, que reflexionen e plasmen as súas inquedanzas, e sobre todo VISIBILIZAR A XUVENTUDE.
O prazo para inscribirse no PROGRAMA remata o día 02/07/2021
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal