O xoves 15 de xullo abre o prazo de solicitude de horas de adestramento de pretempada e tempada nas instalacións deportivas municipais

O xoves 15 de xullo abre o prazo de solicitude de horas de adestramento de pretempada e tempada nas instalacións deportivas municipais

A Concellería de Deportes de Fene informa de que o xoves día 15 de xullo abre o prazo de solicitude de horas de adestramento para a PRETEMPADA no Campo de Fútbol de "Os Pinares" e no Pavillón Polideportivo Municipal de "A Xunqueira"; e para a TEMPADA 2021/2022 no Campo de Fútbol "Os Pinares" e nos pavillóns municipais de "A Xunqueira" (San Valentín) e "O Ramo" (Barallobre).

Aqueles clubs interesados en solicitar horas de adestramento deberán remitir nas datas que se indican a continuación a relación de horas que solicitan de cada instalación para a pretempada e para a tempada 2021 -2022. Asimesmo, deberán especificar as horas que lles interesan, o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora e comunicar se solicitan pista/campo completo ou terzo de pista/medio campo. No caso de non especificar, entenderase que solicitan pista ou campo completo.

Os prazos para entregar as solicitudes de adestramento da PRETEMPADA para os clubs federados de Fene serán: para o Campo de Fútbol de "Os Pinares" do 15 ao 23 de xullo de 2021 e para o Pavillón Municipal de "A Xunqueira" do 15 de xullo ao 25 de agosto de 2021.

Os prazos para entregar as solicitudes de adestramento da TEMPADA para os clubs federados de Fene serán os seguintes: para o Campo de Fútbol de "Os Pinares" do 15 de xullo ao 25 de agosto de 2021; para o Pavillón Municipal "A Xunqueira" e para o Pavillón Municipal de "O Ramo" do 15 de xullo ao 15 de setembro de 2021.

Os equipos non federados, asociacións deportivas non federadas e particulares poderán solicitar as horas que queden libres despois de confeccionar o horario inicial de clubs federados do Concello,  dende o 20 ao 27 de setembro de 2021.

As solicitudes poderán entregarse no Rexistro Xeral de entrada do Concello de Fene, no primeiro andar da Casa do Concello (previa cita no teléfono 981 061 034) ou telemáticamente, (a partir das 08.30 horas) no Rexitro Xeral do Concello de Fene (https://sede.fene.gal/opencms/gl).

PERÍODOS DE ADESTRAMENTO DA PRETEMPADA E TEMPADA

Tal e como se establece na normativa publicada pola Concellería de Deportes, os períodos de adestramento da próxima pretempada e tempada serán os seguintes:

CAMPO DE FÚTBOL DOS PINARES
• Adestramentos de Pretempada: do 2 ao 31 de agosto de 2021.
• Adestramentos de Tempada: do 1 de setembro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL "A XUNQUEIRA"
• Adestramentos de Pretempada: do 1 ao 30 de setembro de 2021.
• Adestramentos de Tempada: do 1 de outubro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL "O RAMO"
• Adestramentos de Tempada: do 1 de outubro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022.
Para máis información, cómpre chamar ao Departamento de Cultura e Deportes, tfno. 981 340 366, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas. Para descargar a normativa de solicitude e uso do campo de fútbol de Os Pinares e Pavillóns Polideportivos Municipais, así como as follas de solicitude de adestramento (Pretempada e Tempada), cómpre dirixirse á web municipal www.fene.gal.

Descargas